Idioma:
Río Lonia - FestiLonia

Programación / Events / Programme 2026





  • Día 25 de agosto de 2026. Concerto de ELOS. Marta Bravo e Sérgio Tannus
  • Elos

    Os ELOS son os aros que forman unha cadea; son elementos relacionados entre si que dan orixe a algo novo. E así se define este dúo, como un percorrido por diferentes músicas do mundo cunha marcada identidade persoal onde se relacionan música, emocións e familia.

    Á destacada traxectoria profesional de Sérgio, caracterizada pola virtuosidade e pluralidade, súmaselle a calidez e versatilidade da voz de Marta.

    Este dúo presenta temas propios e algunhas versións, mesturando as raíces brasileiras de Sérgio e as influencias estándares de Marta dando lugar a ritmos, harmonías e melodías pegadizas e pouco previsibles que non deixan a ninguén indiferente . Desde a samba ó soul, pasando polo funky ou os ritmos africanos,as súas músicas adáptanse a públicos diversos, cunha posta en escena inclusiva na que a participación do público e o ambiente familiar son a clave.