FestiLonia: Música á beira do río Lonia
FestiLonia é unha iniciativa familiar sen ánimo de lucro que promove a cultura, especialmente a música, no barrio da Lonia de Ourense.
Ofrece unha serie de concertos ao longo do verán nun espazo aberto e natural á beira do río Lonia. O formato íntimo e persoal, o ambiente relaxado e o aforo limitado e exclusivo para as/os socias/os da Asociación Saramaganta. Para asistir aos concertos, debes ser socia/o da asociación e enviar un correo electrónico a informacion[at]saramaganta.info informándonos de que asistirás ao evento que che interesa.Se queres facerte socia/o, podes escribirnos e enviarémosche a información pertinente e o formulario de solicitude de alta para que o asines e nolo devolvas.
O barrio e o río Lonia
A Lonia é un barrio de Ourense que recibe o seu nome do río que o atravesa. O Lonia é o afluente máis importante do Miño en Ourense. Nace no concello de Nogueira de Ramuín, pasa por Pereiro de Aguiar e desemboca no Miño xa no concello de Ourense.
Pódese pasear ao seu carón en varias partes do curso do río, ainda que posiblemente a ruta máis famosa é a chamada "Os muiños do río Lonia" por onde desfrutar dun testimonio deste tipo de enxeñería tradicional galega.
Ademáis o río Lonia forma dous encoros famosos, o de Cachamuíña e o de Castadón. Preto deste último, atópase o Conxunto Arqueolóxico Natural de Santomé: un castro habitado entre os s. I a.C e s. V d.C onde se mostra a fusión da cultura castrexa e a romana.