Idioma:
Río Lonia - FestiLonia

FestiLonia: Música ao carón do río Lonia

FestiLonia é unha iniciativa familiar e sen ánimo de lucro que promove a cultura, especialmente a música, no barrio da Lonia de Ourense.

Propón unha serie de concertos durante o verán, nun espazo aberto e natural, ao carón do río Lonia, cun formato íntimo e persoal, con aforo limitado e nunha atmósfera relaxada.

Para asistir aos concertos, só tes que revisar o apartado de programación e escribirnos un email a informacion[at]saramaganta.info solicitando entradas para o concerto que che interese. Como o aforo é limitado, as entradas resérvanse por estricto orde de petición ao email.

FestiLonia - FestiLonia - FestiLonia - FestiLonia - FestiLonia - FestiLonia -

O barrio e o río Lonia

A Lonia é un barrio de Ourense que recibe o seu nome do río que o atravesa. O Lonia é o afluente máis importante do Miño en Ourense. Nace no concello de Nogueira de Ramuín, pasa por Pereiro de Aguiar e desemboca no Miño xa no concello de Ourense.

Pódese pasear ao seu carón en varias partes do curso do río, ainda que posiblemente a ruta máis famosa é a chamada "Os muiños do río Lonia" por onde desfrutar dun testimonio deste tipo de enxeñería tradicional galega.

Ademáis o río Lonia forma dous encoros famosos, o de Cachamuíña e o de Castadón. Preto deste último, atópase o Conxunto Arqueolóxico Natural de Santomé: un castro habitado entre os s. I a.C e s. V d.C onde se mostra a fusión da cultura castrexa e a romana.